3 de Decembro |18:00 p.m.
De balde

Sábado 3 de decembro ás 18h no Centro social, espectáculo para toda a familia con Lila Teatro
Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa a ninguén indiferente. Amizade, amor e liberdade son as palabra que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.”
Espectáculo financiado pola Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2022