- Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema
de Seguridade Social español. - Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de
idade do Sistema de Seguridade Social español. - Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou
subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do
Sistema de Seguridade Social español. - Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social
español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade. - As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria (ABVD)
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación
que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Ponderaranse as seguintes variables:
o Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
o Situación económica dos solicitantes.
o Idade dos solicitantes.
o Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
o Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
o Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas
variables anteriores. - Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
- Tamén poderán ir acompañados do cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade,
en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas
Convócanse 197.000 prazas para participar no Programa, a desenvolver
nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo III.
Sen prexuízo do anterior, esta convocatoria contempla a oferta de prazas para establecementos termais que formalicen os seus contratos co Imserso no ano 2026.
O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda tamén se especifica no anexo III.
Para 2026 as quendas terán unha duración de 10 días (nove pernoctacións)
cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán
desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de
febreiro e o mes de decembro de 2026.
Servizos
-Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en
habitacións dobres de uso compartido.
-Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao
ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba
o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
-Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo
balneario.
-Póliza de seguro.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios,
directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan
no anexo III indicado na columna final, realizarase desde a localidade
(concertada co balneario) máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega
entre 169,44 euros ou 195,12 euros, segundo o mes de desenvolvemento..
Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento
termal.
Prezo e forma de pago das prazas
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por
praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario,
mes e tipo de quenda, no cadro anexo III.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das
plazas da seguinte forma:
- Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se
determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
- A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto
de reserva, ao ingreso no establecemento termal.
Documentación
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
– Cumprimentación telemática da solicitude
– A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e,
no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a
cumprimente.
Lugar de presentación
– Servizos Sociais Comunitarios
– Centros dependentes da Consellería de Politica Social e Igualdade
(centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
– Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade
Para o enchemento e presentación das solicitudes disponse dos seguintes
medios:
- Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso
(https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento
non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada. - Descargar e cumplimentar a solicitude, e remitila por algún dos seguintes medios:
A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da
Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de
termalismo do Imserso
En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa
de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.
Prazo de presentación
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
Para participar no
a) proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos
inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025. - Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15
de maio de 2026.
- b) inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata
o día 14 de maio de 2026. - Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e
outubro de 2026.
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude
nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar
trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes
que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus
expedientes estean completos.
Balnearios participantes e información de contacto
Mais información nos servizos sociais do Concello de Coirós ou nos teléfonos: 912 667 713 / 917 033 694