SUBVENCIÓNS EQUIPAMENTOS BIOMASA

Normativa

Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I) (DOG nº 15 do 23/1/2020). Corrección de erros (DOG nº 20 do 30/1/2020)

Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda establecido no artigo 3.3 da Resolución do 18 de decembro de 2019 (DOG nº 88 do 8/5/2020). Acórdase a continuidade do procedemento de concesión destas subvencións.

Resolución do 2 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda. (DOG nº 110 do 8/6/2020) O prazo de presentación das solicitudes de axudas amplíase en cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Ata o 15 de xuño de 2020.

Obxecto

Apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible que se desenvolvan en parroquias definidas como rurais ou intermedias, para os efectos da aplicación do Feader.

Beneficiarias

  • As persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na CA de Galicia.
  • As agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conceptos subvencionables

  1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
  2. Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
  3. O custo do sistema de almacenamento do combustible.
  4. O custo do sistema de alimentación do combustible.
  5. O custo de montaxe e conexión.
  6. IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

Presentación de solicitudes

As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O solicitante da axuda terá que pedir as tres ofertas necesarias para garantir a moderación de custos, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá á da entidade colaboradora adherida encargada da tramitación da súa solicitude e que o equipo térmico de biomasa cumpre os requisitos mínimos exixidos.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas para equipos térmicos de biomasa.

Prazo de presentación

 Ata o 15 de xuño de 2020.