TU503C – Subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización – 2023



Obxecto
As axudas reguladas por esta Orde teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.
Características da axuda
Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a persoa solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2023 (en ningún caso admitiranse facturas nin xustificantes de pago que non estean comprendidos entre esas datas) con respecto aos conceptos seguintes:

  1. Gastos derivados da transformación dixital.
  2. Gastos de equipamento tecnolóxico necesarios para os indicados no apartado anterior. En todo caso, queda excluída a telefonía. Estes gastos de equipamento tecnolóxico asociados aos indicados no apartado 1 non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.
    3.Gastos de aloxamento ou servizos na nube necesarios para os gastos indicados no apartado 1.
    4.Gastos derivados da creación do produto e /o comercialización do destino Galicia.
    O importe da subvención será do 80 % do investimento subvencionable. O investimento máximo subvencionable será de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria, polo que a axuda máxima será de 12.000,00 euros.
    Persoas beneficiarias
    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de empresas de aloxamento turístico, de restauración e de axencias de viaxes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia e que inscriban e autoricen ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.
    a) Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, #de acordo con o artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
    b) As empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
    c) As axencias de viaxes que se enmarquen dentro do artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.