UNHA GRANXA DE COIRÓS, PREMIO DIAMANTE NOS PORC D´OR 2024

O Auditorio de Zaragoza acolleu a celebración dos 31º Premios Porc d’Or de Capa Blanca, ante a atenta mirada de máis de 1.000 profesionais do sector que asistiron á entrega destos recoñecementos. Organizados polo Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries (IRTA) e coa ferramenta BDporc, o Banco de Datos de Referencia do Porcino como base, os galardones son otorgados por un xurado de expertos da industria, a investigación gandeira e a administración. Os premios están patrocinados por Ceva Salud Animal.

Galicia arrasou nos Premios Porc d’Or 2024 con 13 galardóns, incluidos os tres especiais. Ademáis, Galicia tivo un total de 13 estatuillas (9 para a provincia de Ourense, 3 para A Coruña e 1 para Pontevedra): 4 ouros, 4 pratas, 2 bronces.

O máximo galardón da noite, o premio Porc d’Or con Diamante, foi para Ponte Coirós, de Coren, ubicada en Coirós (A Coruña). O xurado dos Premios Porc d’Or destaca desta granxa a sua grande eficiencia productiva mantida ao longo do tempo, a sua elevada supervivencia dos lechóns en lactación, seu equilibrio censal, o minucioso manexo dos animais en todas as fases de produción e a grande profesionalidade do seu equipo humano. Este éxito vai acompañado dunha rigurosa anotación dos datos e uns claros protocolos de actuación nas distintas zonas da granxa. Ademáis, destacose o seu enfoque no benestar animal.