VELLIÑAS: DE BUTACAZERO&INHERENTE TEATRO

SÁBADO 15 DE XANEIRO ÁS 18H. NO CENTRO SOCIAL

ESPECTACULO FAMILIAR

INSCRICIÓN PREVIA NA OMIX

Velliñas e tenra historia de Ramona, Filomena e Anabel, tres veciñas que cada día se achegan á apraza da vila para facer compaña ás pombas. Pero un bo día algo novo distrae a súa rutina: unha cuncha de vieira.

Este suceso dará pé para que as tres amigas emprendan unha aventura que as leve lonxe do seu habitual banco. Así arranca este espectáculo de rúa no que tres personaxes inesquecibles emprenden un camiño que nos permite reflexionar sobre os medos que nos impiden seguir para adiante, os obstáculos que nos atopamos cada día, e os problemas de convivencia cos que temos que lidar… nos nosos camiños!