O próximo mércores 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente pasarán por Coirós para visitar a nenas e nenos do noso Concello.
A recepción realizarase en tres puntos diferentes, sendo o percorrido da seguinte maneira:
Escola de Queirís ás 16.30 horas
Centro social “Fillos de Ois” ás 17.15 horas
Centro social de Coirós ás 18 horas
Debido á situación sanitaria, rogamos que se cumpran as medidas de seguridade establecidas en cada instalación
Os Magos virán cargados de caramelos e agasallos para nenas e nenos que veñan a visitalos e entregar a súa carta.
