O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou o expediente de información pública e o proxecto de “mellora da seguridade vial na intersección entre a N-VI e a A-6”, que terá un presuposto de 600 mil euros.
O propósito da actuación é mellorar a seguridade vial en Queirís a través da transformación da intersección actual nunha glorieta.
