O Concello de Coirós adheriuse á nova campaña informativa impulsada pola Xunta de Galicia para asesorar e aconsellar en relación a este servizo básico que afecta a toda a cidadanía, que ten previstas xa visitas a unha trintena de municipios.
Co ánimo de achegar esta información ao maior número de persoas consumidoras posible, a Administración autonómica ofrece a todos os concellos galegos a oportunidade de colaborar con esta iniciativa e ofrecer aos seus veciños unha xornada informativa presencial impartida polos técnicos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).
Nestes encontros, achégase asesoramento sobre os conceptos básicos que figuran na factura da luz para a súa mellor comprensión, así como para a adopción de decisións que poidan axudar no aforro. Así mesmo, trasládanse diferentes recomendacións, como solicitar as ofertas comerciais que se reciban sempre por escrito e ser cautelosos ao contratar fórmulas de cálculo do prezo da luz de difícil comprensión.
A visita a Coirós será o próximo martes 10 de maio ás 12horas no Centro Social
