Axudas municipais para libros, material escolar e transporte
Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de outubro de 2026, ambos incluídos.
O Concello de Coirós abre o prazo para solicitar as axudas municipais correspondentes ao curso 2026/2027, destinadas a apoiar ás familias e facilitar o acceso e a continuidade nos estudos.
Axudas para libros e material escolar
Dirixidas ao alumnado matriculado no segundo ciclo de Educación Infantil. A contía máxima é de 150 € por alumno/a, cun crédito total de 6.000 €.
Convocatoria:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/CONVOCATORIA-LIBROS-BOP.pdf
Bases:
Solicitude:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/SOLICITUDE-LIBROS-E-MATERIAL-ESCOLAR.docx
Axudas ao transporte para estudos fóra de Coirós
Destinadas ás persoas empadroadas no Concello que cursen estudos fóra do termo municipal. As axudas inclúen Bacharelato, ciclos formativos, estudos universitarios e Escola Oficial de Idiomas, así como un réxime específico para persoas con discapacidade. As contías dependen da localidade do centro de estudos e poden chegar ata 900 €. O crédito total da convocatoria é de 5.500 €.
Convocatoria:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/CONVOCATORIA-TRANSPORTE-BOP.pdf
Bases:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/Bases-axudas-transporte.odt.pdf
Solicitude:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/09/SOLICITUDE-AXUDAS-TRANSPORTE.docx
Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de outubro de 2026, ambos incluídos.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, na sede electrónica municipal ou polos medios previstos na normativa administrativa.
Para o cálculo da renda familiar tomarase como referencia o exercicio fiscal 2025.
As persoas interesadas deberán consultar as bases reguladoras e a documentación que debe acompañar á solicitude antes de presentala.