SERVIZO DE BUSCA DE CANDIDAT@S PARA AS EMPRESAS- EMPREGO DE GALICIA

O portal Emprego de Galicia pon a disposición das empresas un novo Formulario de Oferta de Emprego coa intención de facilitar a xestión da contratación de persoal. 

 Emprego Galicia ofrece ás empresas unha nova ferramenta para presentar as ofertas, trátase da Oficina Virtual de Empresas, cun formato sinxelo de cumprimentar para tramitar en liña as ofertas de emprego. 

Xuntamos Vídeo titorial da Oficina Virtual de Empresas:Vídeo Oficina Virtual de Empresas

A continuación, achegámoslle un folleto informativo onde se detalla paso a paso a presentación dunha oferta de emprego. Ademais, pode contar en todo momento co apoio do persoal técnico do Concello de Coirós para consultar calquera dúbida que teña.

Lembrarlle, que no portal web de Emprego Galicia pode atopar nas pestanas de Empresas e Emprendemento información de interese para a contratación e formación das súas persoas traballadoras.

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/09/Folleto-ofertas-SPEG.pdf

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/09/ofertaempregogal.pdf